Menu

andaina

A RUTA DOS MUÍÑOS

O próximo 8 de marzo celebrarase a III andaina polos muiños do folón, una ruta de uns 10km de distancia, circular e acompañados en todo momento por dous guias da zona. Entregarase un agasallo a cada participante, asi como un pequeno avituallamento
O conxunto histórico-etnográfico dos Muíños do Folón e Picón atópase no monte denominado “Campo do Couto”, na apacible e fértil vila de O Rosal (Pontevedra). Este complexo industrial o forman 67 muíños hidráulicos. Divididos en dúas vertentes (36 muíños polo Folón e 31 polo Picón) a súa disposición resulta un encuadre único no mundo. Os 22 muíños do sector superior do Folón, construídos en forma de escaleira para aproveitar o paso da auga de uns a outros e aumentar a súa forza motriz, é sen dúbida un maxestuoso e agradable impacto visual.
Os Muíños do Folón e Picón foron declarados en 1998 pola Xunta de Galicia, Ben de Interese Cultural (BIC), concedéndoselle o Premio Agader ao embelecento do medio rural no ano 2003. A Federación Galega de Montañismo homologou a súa ruta de sendeirismo co nome de PR-G 94.
Apréciase, polo tanto, co paso dos anos, unha progresiva afluencia en canto ao número de visitantes que deciden achegarse a contemplar in situ este –de aquela- “polígono industrial” e agora punto de referencia turístico na comarca do Baixo Miño.
Construídos polos veciños máis pudientes do lugar, e como historicamente se puido comprobar, sen dependencia algunha dos monxes do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia.
Os Muíños de Folón e Picón convertíronse naqueles tempos nun singular punto de encontro dos habitantes da zona. O duro traballo que ocasionaban estes muíños –pero indispensable substento para o consumo humano e animal- e os seus longos procesos de moenda, deron lugar ao baile folclórico galego máis coñecido: a “muiñeira”.
A ruta, que é circular (pódese comezar tanto en dirección Folón como Picón) ten unha distancia de 10 km, cun tempo de realización de preto de hora e media. Procédese normalmente a subir pola vertente do Folón. Estes muíños están cedidos polos seus propietarios durante 25 anos ao Concello do Rosal para explotación turística.